No mes de novembro pasamos dúas tardes de conto cos máis pequenos. O sábado 14 Beba agardaba na Bebeteca do Forum Metropolitano a Martín, Noa, Manuel, Miguel, Martina, Diego e Valeria, con contos, música e poesía, xogos e cancións; e, o sábado 28, a Max, Celtia, Sofía, Laura, Julia e ao máis pequeño, Guillermo, que, todos xuntos, permaneceron moi atentos a todo o que alí aconteceu.
Comezamos as sesións cantando, coma sempre, con Beba a canción de benvida aos bebés.
Beba os está esperando
haciendo poesías
para vosotros
potí potá
pata de palo
ojo de vidrio
y nariz de guacamayo, yo
Na sesión de 13 a 24 meses gozamos dun Clásico da Literatura Infantil: Caperucita roja de Christian Guibbaud; e vibramos co conto Que agacha o pequeno Edu? de Linne Bie, deste xeito, fomos descubrindo que agachaba o noso amigo conseguindo o asombro dos pequenos.
A ver que esconde Edu, ímolo descubrir,
A ver que esconde Edu, ímolo descubrir,
……
Cucú, cucú, cucú
Edu… estás aí?
Na sesión de 0 a 12 meses, Beba presentou ao señor COC que nos convidou a coñecer a súa casa. O conto Un gato? de Guido van Genechten amosounos cada un dos animais que agacha nas súas páxinas.
Logo de tantas emocións relaxámonos á luz da lúa cunha canción:
Luna lunera cascabelera
debajo de la cama tienes la cena.
Luna lunera cascabelera
mete la mano y saca la cena.
Quien se la comió?
el gato tragón
Pues dale cuatro besos y perdónalo:
un muac; dos muac; tres muac; cuatro muac
Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesións do 14 e 28 de novembro na Biblioteca Forum Metropolitano. Podedes consultar a galería Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Non nos queremos despedir sen vos recomendar algunhas lecturas para o Nadal. Estes e outros documentos podédelos atopar consultando o noso catálogo.
Educar en el asombro : ¿Cómo educar en un mundo frenético e hiperexigente? / Catherine L’Ecuyer.– Barcelona : Plataforma Editorial, 2012.
Como conseguir que un neno, e posteriormente un adolescente, actúe con ilusión, sexa capaz de estar quieto observando con calma o que lle rodea.
Adivina cuanto te quiero / escrito por Sam McBratney ; ilustrado por Anita Jeram.– [Barcelona] : Kókinos, 2010.
A famosa historia da lebre pequena e a gran lebre cor abelá reaparece cunha nova forma, pero mantendo esa tenrura de sempre que tanto nos conmove.
Deixar unha resposta