Este 2019 estamos de estrea e comezamos cun novo programa de animación á lectura para nenos e nenas entre 3 e 7 anos “Os favoritos de…” onde un convidado moi especial compartirá coas familias os seus contos e historias favoritas.
Sete serán os artistas que visitarán as bibliotecas, de febreiro a maio: Raquel Queizás, Soledad Felloza, Pakolas, Pablo Pablisimo, Rato Fuco, Charo Pita e Paula Carballeira
Aquí podedes consultar as datas e bibliotecas onde terá lugar cada sesión:
Lembrade que para asistir é necesaria a inscrición, que se abre unha semana antes da data de celebración dende a nosa web ou presencialmente en calquera das bibliotecas.
Deixar unha resposta