Ven pasar este Nadal ás bibliotecas! A rede de Bibliotecas Municipais ten preparada unha chea de actividades para estas festas, toma nota e elixe a túa:
- martes 17 de decembro, CantoConto na Biblioteca Sagrada Familia, para público de 2 e 3 anos;
- xoves 19 de decembro, CantoConto na Biblioteca Castrillón, para público de 2 e 3 anos;
- venres 20 de decembro, Contacontos e Obradoiro: xa chegou o Apalpador na Biblioteca Sagrada Familia, para público de 3, 4, 5, 6 e 7 anos
- sábado 21 de decembro, Bebencontros na Biblioteca Os Rosales, para público de 0 a 24 meses;
- sábado, 28 de decembro, Obradoiro de pizzas Piccolin@s na Biblioteca Infantil e Xuvenil, para público de 5, 6, 7 e 8 anos;
- sábado, 4 de xaneiro, Bebencontros na Biblioteca Fórum Metropolitano, para público de 13 a 24 meses
- martes, 7 de xaneiro, Os favoritos de: o Rato Fuco na Biblioteca Sagrada Familia, para público de 3 a 7 anos
Deixar unha resposta