Mulleres coraxe: nais solteiras.

Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais da Coruña dedicamos este ano ao Día Internacional da Muller, queremos destacar ás nosas mulleres coraxe, e hoxe e dende aquí queremos homenaxear ás nais solteiras en particular. Debido a moitas e moi diferentes circunstancias, un gran número de mulleres na actualidade asumen a maternidade en solitario. Dende aquelas nais que… Seguir lendo →

O xogo dramático

Para conmemorar o día mundial do teatro (27 de marzo) e dentro do festival literario das Bibliotecas “Primaletras” o xoves 31 de marzo ás 19:00  temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano  “O xogo dramático” , impartido polo actor Ramiro Neira de Artestudio. Trátase dun Obradoiro de teatro para nenos e nenas de 8 a 12 anos onde mediante xogos realizaranse dinámicas arredor… Seguir lendo →

SomosPro!

Na biblioteca Forum estamos de aniversario, o noso centro de interese CienciaPro cumpre tres anos! A ciencia é a explicación para todo… ou case todo… ofrécenos solucións para os desafíos e porqués da vida cotiá e tamén axúdanos a responder aos grandes misterios da humanidade. Noutras palabras, é unha das vías máis importantes de acceso… Seguir lendo →

“Mamás Marabilla”

Aínda que foi variando a data da súa celebración ao longo dos anos, este domingo celébrase o Día da Nai. Unha efeméride que ten a súa orixe na mitoloxía grega, onde se rendía honras a Rea, nai dos deuses Zeus, Poseidón e Hades. Posteriormente, os romanos honraron á divindade de Cibeles a través da festa Hilaria…. Seguir lendo →

Un agasallo para todos os papás

O concepto de paternidade mudou substancialmente durante o século XXI. Actualmente, o papel que os pais asumen na crianza das fillas e dos fillos é moito máis amplo e non só ten que ver co apoio económico. É unha evolución positiva que “ten un impacto directo en varios factores, como a convivencia, a redución da… Seguir lendo →

Lecturas infames

O cheiro a castañas, o particular comezo do cole, as follas secas, as visitas á biblioteca para encher de libros as nosas tardes… Nestes tempos nos que toca reinventar os medios seguimos coas mesmas ganas e ilusión. Dende a Biblioteca Forum dámoslle a benvida ao mes de Novembro cunha selección lecturas moi especiais para facerlle… Seguir lendo →

Nova sesión de CantoConto: “Pero ti qué pensas!”

Nova sesión de CantoConto! nas bibliotecas municipais. Nesta ocasión tocamos un tema tan importante como delicado: as diferenzas entre as persoas, a riqueza que iso implica para a sociedade, pero os problemas que pode sufrir quen o viva coma un obstáculo. As bibliotecarias quixemos facer unha declaración de intencións e declarámonos tan diferentes, particulares e… Seguir lendo →

Unha nai é unha nai

Cantas veces temos escoitado o de que “unha nai é unha nai”? Co gallo do Día Internacional da Muller queremos, dende as Bibliotecas Municipais, adicarlle este post ás que non teñen acougo pero dan acougo, están cansas pero non descansan, que fan rir ata chorar e choran da risa, que son calma, son apego, son día… Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑