Xogando coa Natureza

Despois destes meses complicados, este verán e coa nova normalidade, temos  a oportunidade de gozar da natureza co noso bebé resultando unha experiencia vital para eles. A natureza coas súas diferentes cores, sons, cheiros e texturas proporciónalles cantidade de estímulos para as súas neuronas, para as súas emocións e para a súa aprendizaxe. Como sostiña... Seguir lendo →

Despedimos a temporada dos Bbencontros en moi boa compañía

Como todos os anos, rematamos o programa de Bebencontros cunha actividade especial para tod@s vós. Nesta ocasión, convidamos o pasado sábado 20 de xuño a Raquel Penín coa participación de Tamara Chubarovsky a falarnos de “Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento”. Tamara Chubarovsky define as Rimas con movemento® como simples e efectivas, como... Seguir lendo →

As mans cóntannos

O pasado 23 de abril, Día do Libro, e ata o 30 deste mesmo mes as Bibliotecas Muncipais da Coruña lanzamos a campaña  #MollámonosPoloLibro, baixo este lema as bibliotecas fixemos unha aposta por dar visibilidade e reivindicar o traballo de todos os axentes do sector do libro: libreirxs, escritorxs, editorxs, ilustradorxs, narradorxs, bibliotecarixs e lectorxs. A... Seguir lendo →

Como maridar confinamento con bebés e teletraballo

O tempo de confinamento na casa por causa da pandemia do coronavirus alongarase, como mínimo, quince días máis. Se mesturamos un pouco de humor, organización de rutinas e moita dose de paciencia, todo sairá ben! Manter a calma para favorecer un ambiente o máis tranquilo posible no seo familiar é fundamental, do mesmo xeito que... Seguir lendo →

A un mal virus un bo conto

Estes días estamos a vivir un pesadelo real que pensabamos que sò podìa ocorrer nun conto de ciencia ficciòn. Os máis pequenos  teñen en casa o que máis precisan para o seu desenvolvemento, aos seus pais, pero son capaces de percibir os cambios que se están producindo nas súas familias polo confinamento. Por iso  é fundamental que no... Seguir lendo →

Mellor sen pantallas

Imaxes coma esta son habituais nos nosos fogares, bebés de menos de dous anos que pasan o tempo diante dunha pantalla antes que brincar cos seus xoguetes.   Pediatras, psicólogos, organizacións sanitarias… advirten do perigo que supón para as nosas e os nosos bebés usar as pantallas:   A Academia Americana de Pediatría (AAP) advertía as nais... Seguir lendo →

As Bibliotecas están de aniversario!

Hoxe, 24 de outubro, as Bibliotecas están de cumpreanos, xa que dende o ano 1997 a "Asociación Española de Amigos del libro Infantil y Juvenil" promove a celebración do Día da Biblioteca tal día coma hoxe. No noso país está adicado especialmente ao público infantil e xuvenil, e Beba non quería ser menos neste aniversario así que vos... Seguir lendo →

O Recuncho de Beba

Hoxe 23 de abril é o día do libro e desde a Bebeteca do Fórum presentámosvos “O recuncho de Beba” un espazo para aprender, compartir, explorar, descubrir e gozar coa Literatura Infantil, da man da nosa Beba. "Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro." - Emily Dickinson. Os contos son un recurso... Seguir lendo →

50 anos dunha eiruga moi larpeira

Eric Carle (Siracusa, Nova York, 25 de xuño de 1929) escritor e ilustrador de libros infantís estadounidense e criado en Alemaña. Ilustrou máis de setenta libros, e vendeu 88 milleiros de copias. Este ano celébrase  o 50 aniversario da Pequena Eiruga Larpeira convertido en todo un clásico da literatura infantil. O libro amosa como unha... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: