Nas bibliotecas municipáis estamos moi felices coa pequena familia que se está a formar nas sesións de CantoConto! Así que, para facerlles unha homenaxe como se merecen, decidimos dedicarlles unha tarde as familias: familias nas bibliotecas, familias nas escolas e familias no fogar; todas elas moi importantes para o desenvolvemento afectivo dos cativos. Para comezar ben a tarde,... Seguir lendo →
CantoConto!: “Quérote Moito!”
Qué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella... Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos! Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con "Imos contar un conto", unha exitosa canción que... Seguir lendo →
“Medo me da”, en CantoConto!
Esta semana aproveitamos as sesións de CantoConto! para quitarnos tódolos medos que as veces trae a noite. Non é fácil pechar os ollos e quedar durmidos deseguido. As veces parece que a escuridade está chea de ruídos e sombras, pero hoxe, grazas ós contiños que nos escolleron as bibliotecarias, descubrimos que a nosa imaxinación ten moito... Seguir lendo →
Voute papar! en CantoConto!
Esta semana, en CantoConto!, pasamos moita fame. E que só a nós ocórresenos pasar toda a tarde falando de comida, sabendo que na biblioteca non se pode comer. Pero cos contos tan fermosos que temos sobre alimentos de todo tipo queríamos dedicar unha sesión a mostrárvolos. Quen ía dicir que había ata cancións sobre comida! Pero, primeiro... Seguir lendo →
Hola, doutor! en CantoConto!
Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Seguir lendo →
“Cantacontos para bebés” na biblioteca Monte Alto, con Pablo Díaz.
Hai uns días, na biblioteca Monte Alto, tivemos a inmensa ledicia de recibir a un dos nosos artistas favoritos: Pablo Díaz. Co seu espectáculo "Cantacontos para bebés" trata temas e rutinas dos máis pequenos, onde a fantasía e a ilusión son os protagonistas. Pablo, como xa é habitual nel, cantou e contou contos con moita tenrura e... Seguir lendo →
Semana da Música Infantil na Feira do Libro de A Coruña 2014.
A Feira do Libro de A Coruña abre as súas portas desde mañá, 1 de agosto, e ata o 10 de agosto, nos xardíns de Méndez Núñez. Conta cunha variada programación para todos os públicos e terá un horario de apertura moi amplo, de 11 a 14 e de 18 a 22 h. E, a partir... Seguir lendo →
Visita de Pavís Pavós á biblioteca de Monte Alto: “Palma Repalma, contos para bebés”.
Hai uns días, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, os que con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións. A pesar de que aquela tarde foi chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles... Seguir lendo →
Palma, Repalma: contacontos para bebés de 0 a 2 anos na biblioteca de Monte Alto.
O próximo mércores 21 de maio, as 18:00 h, convidámosvos a un contacontos para nenos ata 2 anos: na biblioteca de Monte Alto, e da man de Pavís Pavós, faremos un percorrido polos mellores contos e historias da nosa tradición oral. Contos coma os de antes, dos que transmitían valores pero sen caer no didactismo,... Seguir lendo →
Mulleres coraxe: nais solteiras.
Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais da Coruña dedicamos este ano ao Día Internacional da Muller, queremos destacar ás nosas mulleres coraxe, e hoxe e dende aquí queremos homenaxear ás nais solteiras en particular. Debido a moitas e moi diferentes circunstancias, un gran número de mulleres na actualidade asumen a maternidade en solitario. Dende aquelas nais que... Seguir lendo →
“Entre arrolos e contiños” na biblioteca de Monte Alto.
Onte a tarde, grazas a Teatro Migallas, gozamos dun ratiño de contos e cancións moi agradable. As familias ¡e tamén as bibliotecarias! cantamos xuntos, fixemos cóxegas, aplaudimos e escoitamos uns contiños moi doces: "Imos cazar un oso", "A ra da boca grande", "Sambalelé" e "Señor Coc", entre outros. Ogallá puidesen quedar máis tempo con nos!... Seguir lendo →
Artículo sobre la “hiperpaternidad”
Leímos estos días en La Vanguardia un interesante artículo sobre la educación de los niños, donde se debate si hemos pasado en pocos años de no hacerles demasiado caso y tratarlos como si fuesen muebles cuando se portaban mal, a convertirlos en el centro absoluto de la familia y darles el máximo de todo. Además... Seguir lendo →