Boas Festas!

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña desexámosvos unhas moi Boas Festas! Agardamos vervos o máis axiña posible para o vindeiro ano que entra, e que veña cargadiño de libros e Bbencontros! (ademais de saúde e amor!) https://videopress.com/v/MhVTvBqn?resizeToParent=true&cover=true&preloadContent=metadata Querémosvos recomendar unha serie de lecturas para as e os máis peques da casa, recomendacións que podedes levar... Seguir lendo →

Ratos de cores

O pasado sábado tivemos unha sesión de Bbencontro moi especial na Biblioteca do Ágora, chea de rimas, cores, números e... ratos! Comezamos practicando a sonoridade co conto acumulativo "El cumpleaños del ratón", de Antonio Santos, onde ademais coñecimos a unha chea de animais diferentes. E como a sesión ía de ratos... continuamos co conto "Cores",... Seguir lendo →

Crocodilos ximnastas.

Jo Lodge é unha autora e ilustradora de sobra coñecida nas bebetecas de Coruña. Quizais polo nome non a lembrades, mais é a  creadora dun crocodrilo que nos ten visitado en numerosas ocasións... O Señor Coc é unha das personaxes pioneras das sesións de Bebeteca das Bibliotecas Municipais. De primeiras coñecimos a súa casa, máis... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: