Luces, CONTO e acción!

… escolas que contan! É a última fase presencial do programa prelector BbEscolas e na que o alumnado de 2 a 3 anos visita a Biblioteca Municipal Ágora -como espazo de encontro e descuberta- para coñecer a casa de Beba e as historias que se agochan nela. Durante este curso 2021/22, 165 crianzas e 21... Seguir lendo →

O voo da lectura

Nas bibliotecas gústanos colaborar cos centros educativos! O programa BbEscolas leva desenvolvéndose desde o ano 2014 na Biblioteca Municipal Ágora. Son moitas as historias que quedaron polo camiño durante a súa andaina, achegando ás Escolas Infantís a biblioteca como un espazo de encontro e descuberta para as crianzas máis pequenas. Nos nosos itinerarios recompílanse viaxes de ida e... Seguir lendo →

100 %

Gústanos, defendemos, gozamos, experimentamos e compartimos a LECTURA porque LER FAI QUE… pensemos, riamos, desexemos compartir, nos sorprendamos, miremos máis aló, exploremos novos mundos, soñemos, nos emocionemos e sexamos 100 % felices! E para contribuír, aquí estamos nós: espazos cheos de contos e fantasía, de libros e realidade. Para soñar, para afastarnos da realidade e... Seguir lendo →

Mans arriba… crab revolution!

Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?...  Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Seguir lendo →

LIX e LGTB #AsMunicipaisEntenden

· 53 Christopher Street. Greenwich Village - New York · Os Disturbios de StoneWall (28 de xuño do 1969) marcaron un inicio a prol do colectivo LGTB e ao recoñecemento dos seus dereitos. Dende entón e cada mes de xuño, conmemórase tal reinvindicación coa celebración do Día do Orgullo. BIBLIOTECA: LIX E DIVERSIDADE SEXUAL LGTB... Seguir lendo →

Unha Dola Tela Catola!

Sen teléfonos móbiles e con volta á infancia, camiñamos nunha mesma liña chea de palabras, xogos e moita rima! Non é a primeira vez que facemos referencia ao traballo desenvolto coas Escolas Infantís da contorna (BbEscolas), mais si é a primeira que falamos dun traballo específico-mediador dirixido ao estudantado superior dos CIFP da nosa área... Seguir lendo →

Babies, bubbles & books!

Non sabemos se pola abundancia de auga ou sinxelamente porque a nosa terra tira moito, pero na Biblioteca Ágora andamos moi mariñeiros nesta tempada. Tanto que cando tocou deseñar o Bbencontro en lingua inglesa deste curso, xa un habitual na programación anual, reminiscencias mariñas invadiron as nosas cabezas e convertemos ás criaturas con branquias nos... Seguir lendo →

Contos que camiñan…

Entendemos o viaxar como unha forma de vida, como reconforte persoal que aporta novos traxectos cheos de coñecementos e experiencias, como fonte de desfrute e diversión que permite construir historias e fixar recordos inesquecibles. Acotío e dende as nosas bibliotecas tamén viaxamos, mais o facemos dun xeito diferente: a través dos libros. Eses contos infantís... Seguir lendo →

Live · Love · Green

"O segredo é não correr atrás das borboletas... É cuidar do jardim para que elas venham até você” Mário Quintana E co desexo de que esas bolboretas cheguen até ao noso xardín plantexamos: MUNDO VIVO... PASAPORTE Á NATUREZA! Mundo vivo é unha escolma de contos infantís que ten por obxectivo espertar o interese pola natureza... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: