Boas Festas!

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña desexámosvos unhas moi Boas Festas! Agardamos vervos o máis axiña posible para o vindeiro ano que entra, e que veña cargadiño de libros e Bbencontros! (ademais de saúde e amor!) https://videopress.com/v/MhVTvBqn?resizeToParent=true&cover=true&preloadContent=metadata Querémosvos recomendar unha serie de lecturas para as e os máis peques da casa, recomendacións que podedes levar... Seguir lendo →

O voo da lectura

Nas bibliotecas gústanos colaborar cos centros educativos! O programa BbEscolas leva desenvolvéndose desde o ano 2014 na Biblioteca Municipal Ágora. Son moitas as historias que quedaron polo camiño durante a súa andaina, achegando ás Escolas Infantís a biblioteca como un espazo de encontro e descuberta para as crianzas máis pequenas. Nos nosos itinerarios recompílanse viaxes de ida e... Seguir lendo →

Tempo de rutinas

Co fin do verán volven as rutinas para todas e todos e, aínda que nos pareza aburrido, para as e os bebés as rutinas resultan moi beneficiosas xa que con elas desenvolvemos ambientes tranquilos que lles fan sentirse seguros. As e os bebés gozan de todo aquilo que sexa repetitivo, pídennos unha e outra vez... Seguir lendo →

Vaia frío!

Este ano comezámolo con frío e fortes nevaradas en cotas insólitamente baixas. Para afrontar esta tempestade co noso bebé debemos ter en conta algúns sinxelos consellos para protexer aos pequenos do frío e así romper con algúns  dos mitos que circulan sobre él. "O frío non é o inimigo das defensas dos nenos é tan... Seguir lendo →

“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…

As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia. Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos... Seguir lendo →

As Bibliotecas están de aniversario!

Hoxe, 24 de outubro, as Bibliotecas están de cumpreanos, xa que dende o ano 1997 a "Asociación Española de Amigos del libro Infantil y Juvenil" promove a celebración do Día da Biblioteca tal día coma hoxe. No noso país está adicado especialmente ao público infantil e xuvenil, e Beba non quería ser menos neste aniversario así que vos... Seguir lendo →

O pranto

O pranto é a primeira forma de comunicación do bebé, con el expresa as súas emocións e comunica as súas necesidades ou o seu malestar: fame, soño, medo, tristeza, tensión, dor ou molestias. Todos os seus sentimentos e sensacións negativas váinolas comunicar mediante o pranto e os berros. Aínda que o pranto ten un patrón... Seguir lendo →

Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 1: marionetas

As marionetas son o complemento perfecto para acompañar a narración das historias, estimulan de forma fascinante a capacidade de atención dos máis pequenos, axúdanlles a imaxinar, e cando van medrando, interactúan con elas creando as súas propias historias e xogos simbólicos. Algúns contos levan incorporadas as súas propias marionetas, pero se non é así podemos... Seguir lendo →

Comezan os bebencontros 2017/2018

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2017-2018 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias con bebes de 0 a 24 meses a oportunidade... Seguir lendo →

“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum

O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: