“Libro de familia” en CantoConto!

Nas bibliotecas municipáis estamos moi felices coa pequena familia que se está a formar nas sesións de CantoConto! Así que, para facerlles unha homenaxe como se merecen, decidimos dedicarlles unha tarde as familias: familias nas bibliotecas, familias nas escolas e familias no fogar; todas elas moi importantes para o desenvolvemento afectivo dos cativos. Para comezar ben a tarde,... Seguir lendo →

CantoConto!: “Quérote Moito!”

Qué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella... Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos! Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con "Imos contar un conto", unha exitosa canción que... Seguir lendo →

“Medo me da”, en CantoConto!

Esta semana aproveitamos as sesións de CantoConto! para quitarnos tódolos medos que as veces trae a noite. Non é fácil pechar os ollos e quedar durmidos deseguido. As veces parece que a escuridade está chea de ruídos e sombras, pero hoxe, grazas ós contiños que nos escolleron as bibliotecarias, descubrimos que a nosa imaxinación ten moito... Seguir lendo →

Voute papar! en CantoConto!

Esta semana, en CantoConto!, pasamos moita fame. E que só a nós ocórresenos pasar toda a tarde falando de comida, sabendo que na biblioteca non se pode comer. Pero cos contos tan fermosos que temos sobre alimentos de todo tipo queríamos dedicar unha sesión a mostrárvolos. Quen ía dicir que había ata cancións sobre comida! Pero, primeiro... Seguir lendo →

CantoConto!: Xa son maior!

Como xa adiantamos nun post anterior, neste mes de outubro, inauguramos un novo programa nas Bibliotecas Municipais adicado a nenos e nenas de 2 e 3 anos e as súas familias: CantoConto! A lectura favorece un mellor desenrolo afectivo e psicolóxico nos nenos, dálles a oportunidade de experimentar sensacións e sentimentos cos que desfrutan, maduran e... Seguir lendo →

Nova actividade para raparigos de 2 e 3 anos: CantoConto!

Os cativos e cativas que o ano pasado acudian ós bbencontros crecen, por iso este ano temos un novo programa para dar continuidade a ese achegamento ao mundo dos libros e a lectura: Nace CantoConto!, unha actividade para nen@a de 2 e 3 anos. CantoConto! é un contacontos diferente, familiar, para cantar, bailar, escoitar e compartir historias que... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: