… escolas que contan! É a última fase presencial do programa prelector BbEscolas e na que o alumnado de 2 a 3 anos visita a Biblioteca Municipal Ágora -como espazo de encontro e descuberta- para coñecer a casa de Beba e as historias que se agochan nela. Durante este curso 2021/22, 165 crianzas e 21... Seguir lendo →
100 %
Gústanos, defendemos, gozamos, experimentamos e compartimos a LECTURA porque LER FAI QUE… pensemos, riamos, desexemos compartir, nos sorprendamos, miremos máis aló, exploremos novos mundos, soñemos, nos emocionemos e sexamos 100 % felices! E para contribuír, aquí estamos nós: espazos cheos de contos e fantasía, de libros e realidade. Para soñar, para afastarnos da realidade e... Seguir lendo →
GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN
Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos. Sen dúbida, e máis que nunca,... Seguir lendo →
“Pas de Deux” cun flamengo
Non é a primeira vez que a Biblioteca Municipal Ágora quere rendirlle homenaxe ao Día Internacional da Danza. De feito dende o comezo da nosa andaina, aló polo 2012, incidimos nun concepto amplo da danza apostando por esta disciplina artística dende un punto de vista participativo e divulgativo. Mostras bibliográficas, obradoiros de danza creativa de 0... Seguir lendo →
Fiando Letras: lectoescritura
Como resposta á numerosa demanda que os usuarios e usuarias manifestan habitualmente con respecto á letra fiada, a Biblioteca Municipal Ágora propón un espazo permanente adicado a unha parte importante dentro do sistema de aprendizaxe fundamentado na Lectoescritura infantil. Concebindo este tipo de grafía como un apartado destacable, aínda que non único dentro da aprendizaxe... Seguir lendo →
Medrando entre contos!
Hai xa oito meses que puxemos en marcha as sesións de promoción lectora dirixidas ao público miúdo: os BbEncontros! Ata entón, máis dun centenar de bebés entre os 4 e 24 meses, acompañados das súas respectivas familias, tiveron a oportunidade de coñecer o noso espazo, quitar os zapatos e tirarse no tapete de cores para... Seguir lendo →