Como sabedes, as nosas sesións de Bbencontros na Biblioteca Fórum están cheas de momentos nos que se suceden diferentes estímulos como os sons, a palabra, as luces, as imaxes, o silencio, favorecendo o encontro do bebé co libro, espertándolle todo un mundo de sensacións. Dentro dos recursos que empregamos habitualmente temos: Os susurradores: son tubos de cartón... Seguir lendo →
O pranto
O pranto é a primeira forma de comunicación do bebé, con el expresa as súas emocións e comunica as súas necesidades ou o seu malestar: fame, soño, medo, tristeza, tensión, dor ou molestias. Todos os seus sentimentos e sensacións negativas váinolas comunicar mediante o pranto e os berros. Aínda que o pranto ten un patrón... Seguir lendo →
“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum
O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Seguir lendo →
Babies, bubbles & books!
Non sabemos se pola abundancia de auga ou sinxelamente porque a nosa terra tira moito, pero na Biblioteca Ágora andamos moi mariñeiros nesta tempada. Tanto que cando tocou deseñar o Bbencontro en lingua inglesa deste curso, xa un habitual na programación anual, reminiscencias mariñas invadiron as nosas cabezas e convertemos ás criaturas con branquias nos... Seguir lendo →
Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.
"Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?..." O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde... Seguir lendo →
Día do libro e de bebencontro.
Din que o bo cando é breve é dúas veces bo. Nós pensamos que as cousas boas deixan un regusto tan bo que perduran no tempo e no espazo. Física cuántica ao lado, o pasado sábado a biblioteca de Ágora convertiuse nun lugar especial, desta volta cambiamos espazo e tempo para transformar a biblioteca nun... Seguir lendo →
Bebencontros de novembro na Bebeteca Forum
No mes de novembro pasamos dúas tardes de conto cos máis pequenos. O sábado 14 Beba agardaba na Bebeteca do Forum Metropolitano a Martín, Noa, Manuel, Miguel, Martina, Diego e Valeria, con contos, música e poesía, xogos e cancións; e, o sábado 28, a Max, Celtia, Sofía, Laura, Julia e ao máis pequeño, Guillermo, que,... Seguir lendo →
BEBESCENA: peixes + palabras de mel
Ás veces penso... como era eu cando fun peixe? Con esta frase remata o tráiler de "peZes", un poema escénico que reflexiona sobre a orixe da vida contado a través da auga. A compañía Ultramarinos de Lucas, recentemente galardoada co Premio Nacional das Artes Escénicas para a Infancia e Xuventude 2015, é a encargada de... Seguir lendo →
Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Forum
Érase unha vez... Unha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias. Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da... Seguir lendo →
A cantar na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro 17 de xaneiro, de 0-12 meses
Se chove, que chova! como di o anuncio, xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos. Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos, estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses... Seguir lendo →
Canciones para cantar y contar. Bbencontro Os Rosales 10 Enero
Los cuentos, los juegos y las canciones han sido instrumentos esenciales en la crianza y educación de los niños a lo largo de toda la historia de la humanidad. Es importante cantar, contar y jugar en casa. A todos los niños les gusta que jueguen con ellos, que les canten, que les cuenten y además son... Seguir lendo →
Despedida dos Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil e Xuvenil
O pasado xoves 22 de maio demos por finalizada a tempada de bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Para unha tarde tan especial, xuntamos a nenos e nenas coas súas familias para disfrutar dos contos, a música e as cores. Leo, Pablo, Iván, Nicolás, Miguel, Emma, Sabela, Sofía, Nico, Pablo e Román puideron gozar da... Seguir lendo →