LEAMOS O BAILADO

"A danza comparte coa poesía, entón, a súa materia rítmica e sobre todo os efectos emocionais do ritmo sobre o corpo: pero, como unha síncope, unha coma, unha aposición, unha estrutura sintáctica determinada, poderían emocionarme? A emoción -dille a danza á literatura- é unha sintaxe corporal, un corpo articulado no tempo e nas tres dimensións do espazo" Paul... Seguir lendo →

O xogo dramático

Para conmemorar o día mundial do teatro (27 de marzo) e dentro do festival literario das Bibliotecas "Primaletras" o xoves 31 de marzo ás 19:00  temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano  “O xogo dramático” , impartido polo actor Ramiro Neira de Artestudio. Trátase dun Obradoiro de teatro para nenos e nenas de 8 a 12 anos onde mediante xogos realizaranse dinámicas arredor... Seguir lendo →

SomosPro!

Na biblioteca Forum estamos de aniversario, o noso centro de interese CienciaPro cumpre tres anos! A ciencia é a explicación para todo… ou case todo… ofrécenos solucións para os desafíos e porqués da vida cotiá e tamén axúdanos a responder aos grandes misterios da humanidade. Noutras palabras, é unha das vías máis importantes de acceso... Seguir lendo →

De como o monstro do Samaín se papou ao monstro de Halloween

O mes de outubro ata o de agora adoitaba chegar ao seu fin acompañado da palabra Halloween, unha derivación da expresión inglesa All Hallow's Eve que quere dicir "Véspera do Día dos Santos". Atrás quedaban as antigas tradicións dos pobos celtas onde se celebraba unha gran festa para conmemorar “o final da colleita", o Samaín.... Seguir lendo →

Boas Festas!

Agardamos que o pasedes o mellor posible este Nadal. E que estes tempos difíciles se poidan esquecer pronto. As Bibliotecas Municipais da Coruña, queremos estar ao voso carón para vos axudar a atopar pequenos tesouros literarios que agasallar nestas datas. Estas recomendacións verédelas incluídas na Guía de Nadal que fixemos este ano, agardamos as desfrutedes!... Seguir lendo →

Lecturas que namoran

Ilustración de  "Alas y olas" de Pablo Auladell É sabido por todo bo lector e lectora que os libros dánnos ás, créannos soños, énchennos de experiencias inimaxinables. Os libros impúlsannos tan alto que non chegariamos a alcanzar toda a maxia que nos transmiten nin subidos a un xigante no bico dos pés. O mundo da literatura... Seguir lendo →

Lecturas infames

O cheiro a castañas, o particular comezo do cole, as follas secas, as visitas á biblioteca para encher de libros as nosas tardes… Nestes tempos nos que toca reinventar os medios seguimos coas mesmas ganas e ilusión. Dende a Biblioteca Forum dámoslle a benvida ao mes de Novembro cunha selección lecturas moi especiais para facerlle... Seguir lendo →

Xogando coa Natureza

Despois destes meses complicados, este verán e coa nova normalidade, temos  a oportunidade de gozar da natureza co noso bebé resultando unha experiencia vital para eles. A natureza coas súas diferentes cores, sons, cheiros e texturas proporciónalles cantidade de estímulos para as súas neuronas, para as súas emocións e para a súa aprendizaxe. Como sostiña... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: