Sobre nós

As Bibliotecas Municipais da Coruña e o fomento da lectura nas primeiras idades

Neste blog atoparás publicacións sobre o traballo das Bibliotecas Municipais da Coruña en prol do fomento da lectura entre os prelectores e a primeira infancia e consellos para nais e pais.


DA PRELECTURA Á LECTURA AUTÓNOMA

As Bibliotecas Municipais da Coruña somos centros públicos de información e promoción lectora que contribuímos á igualdade de oportunidades e prestamos os nosos servizos á poboación da Coruña facendo especial fincapé na faixa de idade infantil.

Levamos desde o inicio da nosa andadura traballando a lectura nas primeiras idades, con espazos específicos para as crianzas nas nosas instalacións e con actividades e programadas destinados a elas e aos seus pais e nais. Tamén traballamos cos centros escolares.


BEBETECAS

As bibliotecas non teñen límite de idade e posúen espazos diferenciados ou separados para os e as máis pequenas. Entre estes espazos atópanse as Bebetecas onde atoparemos gran cantidade de materiais de lectura pensados para bebés entre 0 e 36 meses, asesoramento por parte do persoal da biblioteca e un servizo de préstamo a libre elección ou por lotes.


BEBESCOLAS

O programa BBESCOLAS está deseñado para o alumnado de 1º ciclo de Educación Infantil, e é un programa no que se intenta crear un vínculo entre as Escolas Infantís e as Bibliotecas Municipais da Coruña.

Ir á web para saber máis.


ACTIVIDADES E PROGRAMAS ENTRE 0/6 ANOS E +

Nas nosas bibliotecas, ademais de obradoiros e outros eventos puntuais, contamos con actividades anuais dirixidas aos mais pequenos da casa.

No abano de idades de 0 a 6 ofertamos os seguintes programas:

Para maiores de 6 anos, ofertamos:


NAIS E PAIS

O centro de interese Nais e Pais (herdeiro do S.O.S Somos Pais) é un espazo para persoas adultas situado nas salas infantís das Bibliotecas Municipais onde se recolle unha selección de recursos e materiais que pretenden axudar ás familias no coidado e educación das súas fillas e fillos.

Ir á web para saber máis.


Blog en WordPress.com.

Subir ↑