
Os nosos clubes
Nas bibliotecas da rede contamos cun amplo abano de clubes de lectura para todas as idades.
Os clubes de lectura infantis e xuvenis son eminentemente lúdicos e reúnen un grupo de nenos e nenas con intereses comúns e afección pola lectura.
Neles realizamos lecturas diversas que inclúen temas, obras e coleccións do teu interese.
Ademais promocionámosche obras pouco coñecidas, autores/as e literatura que completarán o teu percorrido lector introducíndote a historias, autores/as e temáticas que che resultarán novas.
Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
