O pasado sábado tivemos na Bebeteca do Forum aos peques de 1-2 anos aprendendo os conceptos de GRANDE/pequeno na Sesión Somos Azuis. Escollimos o azul porque é unha cor relaxante e tranquilizadora que nos axuda a controlar a mente, ter claridade de ideas e ser creativos. Para que vexades o ben que o pasamos disfrutade das fotos da sesión.
Os nosos pequenos participantes xunto coas súas mamis e papis pasárono xenial cantando, escoitando contos e xogando cos conceptos de GRANDE pequeno. Lembrades como era a canción?
Agradecer aos peques, mamis e pais a súa participación! Agardámosvos na derradeira sesión que terá lugar o sábado 12 de maio ás 18.30h. na Bebeteca da Biblioteca do Forum. Lembrade que nesta ocasión especial repartiremos 10 entradas para os pequenos de 0-1 e outras 10 para os de 1-2 anos a partir do sábado 5 de maio ás 10 da mañá na Sala Infantil do Forum.
Biquiños!
Marta e Xiana.
Estas canciones son como las de los cantajuegos: una vez que las escuchas te acompañan días!!!! 😀 😉
Boas días, Rozío!! Si! deso se trata, de ensinar aos pequenos conceptos básicos a través da música e o xogo con pezas sinxelas e pegadizas. Agradecervos a ti e a Inés a vosa implicación na Bebeteca. O noso traballo paga a pena só con ver o sorriso de Inés! 😀
Moitos bicos para ambas!!
Marta e Xiana.