Sesión emotiva e emocionante. Só temos verbas de agradecemento para os peques, papis e acompañantes que asistiron á sesión final desta actividade de Bebeteca. Nesta ocasión xuntámonos os máis pequenos de 0-1 anos e os maiores de 1-2 anos, fomos Brancos e Negros. Brancos representando á pureza e inocencia e Negros representando á cor asociada á protección e o misterio. Eleximos estas cores para a Sesión Final xa que o xogo de contrastes é un método de aprendizaxe empregado para estas idades provocando, potenciando e estimulando a súa atención visual.
Cantamos para coñecernos, contamos contiños onde o Señor Coc seguiu sendo o protagonista e xogamos ao “cucu-trás” con paracaídas de cores. Beba tróuxonos nesta ocasión catro sacas cheas de contiños de todos os tipos: de tea, troquelados (contos con sorpresa), con rimas, con grandes imaxes e con máxicas historias. Pero para lembrar os bos momentos vividos só tedes que ver as fotos da sesión e tamén recordar todo o acontecido durante o ano na Bebeteca.
Queremos agradecer novamente a participación tan activa dos pequenos asistentes e dos maiores. Grazas por compartir unha vez máis estes grandes momentos!!
Mar, Alba, Marta e Xiana.


Moitas grazas a vos por ser tan atentas e facelo tan ben!!!! Inés xa ten hábito de ir a biblioteca e con predisposición de festa!! 😀
De parte de tódalas bebetecarias, moitas grazas a ti e a Inés por compartir máxicos intres con nós e cos libros.