SomosPro!

Na biblioteca Forum estamos de aniversario, o noso centro de interese CienciaPro cumpre tres anos! A ciencia é a explicación para todo… ou case todo… ofrécenos solucións para os desafíos e porqués da vida cotiá e tamén axúdanos a responder aos grandes misterios da humanidade. Noutras palabras, é unha das vías máis importantes de acceso... Seguir lendo →

Boas Festas!

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña desexámosvos unhas moi Boas Festas! Agardamos vervos o máis axiña posible para o vindeiro ano que entra, e que veña cargadiño de libros e Bbencontros! (ademais de saúde e amor!) https://videopress.com/v/MhVTvBqn?resizeToParent=true&cover=true&preloadContent=metadata Querémosvos recomendar unha serie de lecturas para as e os máis peques da casa, recomendacións que podedes levar... Seguir lendo →

A xogar!

Mediante o xogo as e os bebés poden expresar as súas emocións, os seus pensamentos e os seus sentimentos, tamén lles serven para relacionárense co mundo que as/os rodea, achegándolles benestar e un desenvolvemento positivo. Co xogo estimulan o desenvolvemento: social, afectivo, cognitivo, motriz e lingüístico. Segundo Piaget, desde o nacemento ata os dous anos... Seguir lendo →

Tempo de rutinas

Co fin do verán volven as rutinas para todas e todos e, aínda que nos pareza aburrido, para as e os bebés as rutinas resultan moi beneficiosas xa que con elas desenvolvemos ambientes tranquilos que lles fan sentirse seguros. As e os bebés gozan de todo aquilo que sexa repetitivo, pídennos unha e outra vez... Seguir lendo →

100 %

Gústanos, defendemos, gozamos, experimentamos e compartimos a LECTURA porque LER FAI QUE… pensemos, riamos, desexemos compartir, nos sorprendamos, miremos máis aló, exploremos novos mundos, soñemos, nos emocionemos e sexamos 100 % felices! E para contribuír, aquí estamos nós: espazos cheos de contos e fantasía, de libros e realidade. Para soñar, para afastarnos da realidade e... Seguir lendo →

Ceo profundo

  Durante este outono  na Biblioteca  Castrillón  contamos coa exposición fotográfica  “Ceo profundo” que mostra  unhas fermosas imaxes realizadas  por membros  da Agrupación Astronómica ÍO,   un grupo de aficionados á  astronomía  que ademais de gozar con ela conseguen transmitirnos a sua paixón. Dende a biblioteca queremos agradecer esta iniciativa e como sabemos que son... Seguir lendo →

Viaxar en familia, unha fermosa experiencia

Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →

“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…

As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia. Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos... Seguir lendo →

Linguaxe e bebé

  A linguaxe é definida como un sistema de símbolos aprendidos que conteñen un significado social e lle dan a habilidade a unha persoa de clasificar as súas experiencias. O proceso de adquisición da linguaxe establécese desde o nacemento. Nas primeiras semanas os bebés xa poden diferenciar os contrastes entre fonemas como /pa/ e /ba/.... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: