BBESCOLAS


Coñecer, colaborar, participar e DESCUBRIR

BbEscolas

“Había unha vez unha Biblioteca chamada Ágora, que pensou no imprescindible que sería para poñer en marcha a dinamización da súa bebeteca, falar coas escolas de educación infantil de primeiro e segundo ciclo da súa área de influencia…”
Este, que podería ser o inicio dunha historia inventada, presentóuse como un complemento indispensable da bebeteca, para reforzar programas consolidados no sistema vencellados coa lectura nas idades máis temperás (Bebelotes, Bebeencontros).

A máxima de que a biblioteca é o barrio, segue sendo o fío condutor que guía boa parte das nosas actuacións, por iso, era condición irrenunciable coñecer os centros escolares do noso entorno e os seus modelos de traballo nestas primeiras etapas. Partindo do coñecemento de que a escola xoga un papel prioritario na promoción da lectura, e de que o seu ámbito de intervención espállase de xeito igualitario a tódolos nenos, a complementariedade entendida entre as escolas e a biblioteca, favoreceu que se estableceran colaboracións entre as que se atopaba a programación de actividades conxuntas.

BbEscolas 1

A sesión “Megapipis” deseñada para as bebescolas, pensóuse para familiarizar aos pequenos cos recursos da biblioteca a través da mascota Beba, que guiaba unha breve historia de personaxes sinxelas con inquietudes facilmente recoñecibles polos máis pequenos, iso sí, sempre de xeito lúdico e divertido para incrementar o seu interese polos materiais. Deixámosvos unha mostra dun pequeno vídeo elaborado para a actividade que esperemos sexa do voso agrado.

Introdución video

Froito deses encontros, pautáronse un total de tres visitas (Parrulos Ventorrillo, Nazaret e PSN Bicos), que tiñan como obxectivo prioritario unha primeira toma de contacto dos pequenos coa biblioteca e a identificación dun espazo propio dentro do conxunto.

O reclamo cara os libros e a promoción da lectura, consolidáronse a través das maletas viaxeiras, que se converteron de novo en proveedoras de materiais de lectura para as nosas escolas. Deste enriquecemento mutuo, concluimos por unha banda, que temos obxectivos comúns entre escolas infantís e biblioteca, como a promoción da lectura e os colectivos de usuarios cos que traballamos, pero tamén que é a través do diálogo como mellor intercambiamos información e formación.

Así é que virulento, virulento, este conto levóuno o vento…

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑