Para facilitarvos a tarefa de conseguir as entradas para os contacontos dos máis pequenos, podedes reservar os convites para participar na actividade para nenos de 2 a 4 nos, Contos enCantos na Biblioteca Castrillón, a través deste blog, ou podes achegarte a calquera das Bibliotecas Municipais e alí axudaremosche a inscribirte.
Lembra que esta actividade está dirixida a familias con cativos de 2 a 4 anos; e as reservas das 20 prazas son para o contacontos que terá lugar o próximo xoves 20 de febreiro, ás 18:30h na Biblioteca Castrillón.
As sesións son totalmente gratuítas e, se ademais es socia ou socio das Bibliotecas Municipais, poderás levar en préstamo materias especialmente escollidos para esta actividade. E se ainda non es socio/a, podes cubrir a solicitude e recoller o carné pasados dous días.
Se queres participar, cubre os teus datos no seguinte formulario, atenderemos as solicitudes por rigurosa orde de entrada e enviarémosche por correo electrónico a confirmación de que estás inscrito/a ou en listaxe de agarda nas próximas horas.
Unha vez que recibas a confirmación deberás pasar pola Biblioteca Castrillón ata a víspera da sesión (ata o mércores 19 de febreiro) para recoller o teu convite no mostrador da sala infantil.
XA NON QUEDAN PRAZAS PARA Contos enCantos, OS QUE FIXESTES A RESERVA RECIBIREDES UN CORREO NAS PRÓXIMAS HORAS COAS INDICACIÓNS A SEGUIR.
E lembra que se non queres que a tua nena, o teu neno ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para difundirmosn este e outros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca.
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo/a que os seus datos persoais poderán ser inocorporados a un ficheiro do Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita lei.
Deixar unha resposta