A comunicación é o que nos axuda a relacionarnos, o que permite entendernos, e os máis pequenos teñen todo un mundo por diante ao respecto.
Se tedes nenos entre 6 e 18 meses e queredes saber como a Lingua de Signos pode potenciar a comunicación con eles e axudalos a adquirir a lingua oral, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil invitámosvos a descubrir conceptos, os seus signos e como os libros son un perfecto medio para esa comunicación.
A sesión terá lugar o día 12 de marzo ás 18:30h, para asistir é necesaria a inscrición que comezará o día 5 e poderedes facela:
– Chamando por teléfono ao 981184388
– Enviando un correo electrónico a binfantil@coruna.es
– Ou achegándovos á biblioteca.
Deixar unha resposta