A miúdo somos os bibliotecarios e bibliotecarias das Bibliotecas Municipais da Coruña os e as que publicamos recomendacións de lectura nos nosos blogs, mais nesta ocasión contamos cunha colaboración moi especial.
Co motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, dende a Biblioteca Municipal Ágora pedimos aos nenos e nenas dos colexios da nosa contorna que compartiran con nós os seus libros preferidos. Rapaces e rapazas de Educación Infantil e de Educación Primaria dos colexios María Barbeito, Raquel Camacho e San Pedro de Visma pasaron polo espazo Recomendamos LIX e contáronnos cales eran as súas obras favoritas.

Este é o resultado …
Contos que camiñan
con escolas que contan
Os nenos e nenas de Educación Infantil que visitaron a biblioteca recomendaron, entre outros moitos:
- A casa da moscha chosca / adaptación de Eva Mejuto a partir do conto popular ruso
- A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza / Werner Holzwarth, Wolf Erlbruch
- Caperucita Roja : [un libro mágico] / Louise Rowe
- Os tres porquiños / Raquel Méndez; ilustracións de Helga Bansch
- As aventuras de Pinocho / Carlo Collodi
Pola súa banda, os rapaces e rapazas de Educación Primaria do CEIP Raquel Camacho recomendáronnos a lectura de:
- A colección de Gerónimo Stilton / Geronimo Stilton
- A colección Agatha mistery / Steve Stevenson
- A colección do Diario de Greg / Jeff Kinney
- A colección das Aventuras del Capitán Calzoncillos / Dav Pilkey
- 75 consejos para sobrevivir en el colegio: manual patentado por mí misma para hacerte la vida más fácil / María Frisa
- World Football Records / Keir Radnedge
- ¿Quién quiere a los viejos? / Ricardo Alcántara
Só nos queda desexarvos, co mesmo entusiasmo que amosan os rapaces e rapazas nos vídeos, un feliz día do libro infantil e xuvenil. E animarvos a compartir con nós tamén as vosas recomendacións, ben comentando no blog ben nas redes sociais baixo a etiqueta #recomendamosbmc.
Deixar unha resposta