Elena Paz, Xosé Liz e Diego Paz son os compoñentes do grupo Golfiños, e Té, chocolate, café a súa proposta para xogar cos máis pequenos a través das cantigas, brincadeiras e aloumiños.
Este sábado, ás 12:00 h. estarán na Biblioteca Infantil e Xuvenil para presentarnos o seu libro-cd, agarimoso todo el, divertido e cunhas ilustracións tenras e divertidas para disfrutar en familia.
Os pequenos e pequenas disfrutarán dunha viaxe sensorial através de palabras, arrolos, música e poesía de todo o mundo.
Non hai límite de prazas, non é necesaria inscrición, tan só vir e animarse a cantar e bailar.
Aproveitade e comezade a fin de semana con sorrisos e ritmo!
Deixar unha resposta