O sábado pasado puidemos gozar dunha nova sesión dos Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil xunto con Valeria González, Daniel, Jacobo, Lucas, Valeria Lema, Bárbara, Miguel e Claudia.
Aproveitando as datas, desta volta invitamos ó Señor Coc a que nos presentase as súas propostas para o Entroido, coloridas, moi coloridas, e descubrimos cos textos e as solapas como Os disfraces do Señor Coc dan lugar a historias disparatadas e divertidas.
E ó mellor non o sabiades, pero ata atopamos na natureza eses animaliños que tamén parecen xogar a disfrazarse como A Varvo, esa vaca que pola noite “berrea”, ou O Ganejo, o gato que come cenorias.
Como ben sabemos nas Bibliotecas municipais, o “diálogo” dos máis pequerrechos cos libros pasa polo xogo. Un xogo que a través da manipulación dos libros escollidos, as cancións e narracións, os nenos e nenas poden interactuar e desenvolver a súa percepción do entorno, do seu mundo.
O desenvolvemento da percepción dos bebés irá pouco a pouco aumentando as súas habilidades. Cómo?
– Mediante a sinalización dos obxectos, debuxos, cores e formas, incluíndo as negacións destas.
– Mediante a localización: ao describir a ubicación dun obxecto ou persoas.
– Dirixindo a atención cara unha imaxe concreta.
– E mesmo contando (enumerando) os elementos que aparezan nas imaxes.
Un seguiente paso na estimulación céntrase na análise selectiva, que ven dada, entre outras cousas, pola descrición de esceas (situacións, paisaxes) e das características de obxectos e personas (con conceptos coma a cor, tamaño, forma, cantidade, posición, etc.)
E niso andivemos o sábado, en estimular, en percibir, en recoñer o mundo e crear lazos con el e, sobre todo, en disfrutar dos libros, das súas cores e historias, narradas e inventadas, e en familia, que é coma mellor se está.
Vémonos pronto, moi prontiño, e seguiremos a intentar que disfrutedes de todo o que atopamos agochado nos libros.
Mentres, xa sabedes, podedes recordar a sesión na galería das Bibliotecas en Flickr e aproveitar os Bebelotes que vos temos preparados para levarvos en calquer momento.
Deixar unha resposta