Por terceiro ano consecutivo, o centro Ágora énchese de estímulos para xs máis cativxs. A programación de Bebescena volve a convidar a todas as familias a participar dunha programación ideada para xs peques de 1 a 3 anos mais que inclúe a toda a familia.
Dende este domingo 27 con Berços de electrónica e ate Decembro, sete espectáculos diferentes farán fncapé na estimulación por medio de ritmo, música e expresión corporal. Poderémonos achegar á importancia da música como elemento de desfrute colectivo con Azul, Pom Pom ou Arrolos de salitre, argumentos oníricos coma o de Pezes ou case coreográficos como o de Chíos, e máis específicamente centrado na expresión corporal con Cuál es mi nombre?, onde se fai patente a importancia do corpo como elemento comunicativo perfectamente intelixible para xs máis pequenxs.
En definitiva, estades todxs emprazadxs a achegarvos a algún destes espectáculos nos que o importante é a comunicación, a expresión e os sentimentos xerados en base ao sensorial, á participación colectiva e a creatividade común. Si queredes todo o referente a prezos, horarios e datas concretas, podedes descargar o programa premendo aquí e planificar os vosos domingos en familia para este trimestre.