O sábado 24 setembro no Teatro Principal, ás 17.00h e o domingo 25 setembro no Pazo da Cultura, ás 11.00h, vai estar no festival Núbebes, que se celebra en Pontevedra, o pediatra Carlos González.
As charlas están dirixidas ao público xeral. Para acudir tan só precisaredes recoller o voso convite (se vos acompaña un bebé tamén o precisa) nas billeteiras do Teatro Principal (sábado) e do Pazo da Cultura (domingo).
Pero se non podes ir, lémbrate que nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos no centro de interés de “SOS Somos Pais”, unha morea de libros de Carlos González a túa disposición.
Deixar unha resposta