No 2017, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil quixemos darlle un espazo tamén ós que agardan a chegada dun novo membro á familia.
Presentámosvos os Pre-lotes (para futuras familias).
E que son?
Son lotes ideados coa finalidade de axudar, sacar medos e divertir ás futuras mamás e papás.
Neles atoparedes libros sobre o embarazo, adicados ao papá e que se vexa reflexado, sobre lactancia, música, relaxación, algunha que outra risa, etc.
Deste xeito chegaredes ao gran momento con menos dúbidas e temores.
Acompañámolos co noso cuaderno Que vai e ven onde poderedes escribir os vosos pareceres sobre a selección e darnos recomendacións, de seguro, interesantes.
Son o complemento perfecto para os Bblotes que xa temos nas nosas bibliotecas e que cada tempada reformulamos para o noso público máis esixente.
Todos os nosos lotes contan como 1 só préstamo e tendes 30 días para desfrutalos podendo amplialos 10 días máis se fora preciso.
E recordade que tamén temos os Bebencontros para vir contar, cantar e xogar con nós.
Tendes máis información sobre as Bebetecas na nosa WEB e para consulta, o catálogo OnLine das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Deixar unha resposta