Esta semana chegamos á décima sesión de CantoConto!, que titulamos “Glub, glub, glub” xa que decidimos descubrir contos, rimas, libros informativos e cancións onde os animais mariños son os protagonistas.

Comenzamos escoitando a Pablo Díaz, cantando e bailando “Imos contar un conto”. A continuación falamos dos animais mariños e decatámonos que ao vivir nunha cidade con mar e Acuario podemos ver de cerca moitos destes animais que tanto nos gustan. Resultou que os asitentes a CantoConto! son uns especialistas en peixes, coñecen moitos, de moitas clases diferentes e ata algún que outro famoso!
Descubrimos unhas fermosas poesías no libro “Ripios y adivinanzas del mar”, de Fernando del Paso, ilustrado por Jonathan Farr.
Aunque no escribe ni pinta,
me asegura un calamar
tener suficiente tinta
para pintar todo el mar.
Tamén gozamos con outro dos nosos contos favoritos “Nadarín“, de Leo Lionni, gran artista, recoñecido internacionalmente e con máis de 40 obras aclamadas pola crítica especializada, moitas delas están dispoñibles nas Biblioteca Municipais.
.
E como sempre rematamos a sesión cantando, nesta ocasión non podíamos esquecernos da nosa peixeira favorita, “Manola”, canción incluída no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de María Fumaça, editado por Galaxia. Podes escoitala canto queiras na nosa lista de reproducción de YouTube
- El pez Arcoiris / Marcus Pfíster. Beascoa, 2005
- Don caballito de mar / Eric Carle. Kókinos, 2005
- Animales marinos. Bruño, 2006.
- Océanos e mares / Nicola Davies. Baía, 2007
- Los animales marinos al dedillo / Nathalie Choux. Combel, 2011
- Acuario / María Canosa; Dani Padrón. Embora, 2012
- A mares / María Jesús Jabato; Rocío Martínez. Factoría K de Libros, 2014
Podes visitar a nosa galería de Flickr para ver as fotos desta sesión. Ata pronto!
Deixar unha resposta