Son días difíciles e sobresaltados para todas e todos. Non importa a idade e o lugar. Debemos levar o confinamento durante estes días nos nosos fogares, tanto os máis grandes como os máis pequenos, do xeito máis san posible. Neste post recollemos unha serie consellos e recomendacións dictadas por profesionais do ámbito sanitario e por organismos de carácter oficial para que pasemos a cuarentena da forma máis adecuada posible polo ben da saúde psicolóxica dos nosos cativos e cativas, e xóvenes, atendendo ás posibles dificultades que poidan xurdir durante ao confinamento.
Por iso ante as adversidades, máis que nunca, debemos apoiarnos nos nosos seres queridos e sacar proveito ao máximo desta situación. Estes días de encerro serán bos días para pasar tempo cos máis pequenos e pequenas, por exemplo, programar tarefas diversas, e incluso domésticas, nas que nos poidan axudar e, en definitiva, xogar con eles e deixarlles tamén tempo para o aburrimento.
Tamén conforme avancen os días hai que estar atentos ás sináis que os máis pequenos e pequenas da casa poidan mostrar para actuar en consecuencia. Manter a calma e escoitar os seus sentimentos será vital. Por outra banda para os rapaces e rapazas de Educación e Secundaria, é un bo momento para realizar tarefas na casa que en moitos casos poden realizar xa en liña. As novas tecnoloxías lles permiten seguir estudando materias e consultar dudas en liña, facer exercicios …
Os expertos tamén recomendan que o mellor no caso dos pais e nais con teletraballo é poñerse un horarios de teletraballo e poñer límites as súas interrumpcións. Algún experto ademáis apunta a que mentres os proxenitores traballan, podería ser un bo momento para propoñerlles aos máis meniños e meniñas xogar a que mentres os seus pais están traballando eles fagan como que están na escola, como un xeito lúdico de entretelos e evitar distraccións para os pais e nais que están a traballar na casa desde a cuarentena.
Dificultades posibles cos máis pequenos
Segundo pasan os días é posible que os máis meniños e meniñas precisen coidados e atencións vencellados aos diversos estados emocionais que poidan vivir durante o confinamento. Segundo recolle o documento “Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicoloxico” elaborado polo Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia é moi importante que lles digamos a verdade adaptando a mensaxe á súa idade evitando dar datos confusos ou que non entendan.
Tamén se comenta nestas pautas que dada situación sería normal que xurda certo malestar e inquedanza nos cativos e que estes o poden expresar de moi diversos xeitos como: malestar físico (dor de cabeza, de estómago, dores vagos e difíciles de localizar…), que teñan máis ou menos apetito, ou que estean máis nerviosos ou esgotados.
Poden tamén aparecer medos, din desde o Colexio, ou sentimentos de ira, rabia, enfado ou celos. Tamén pode ser posible que lles custe prestar atención, que lles custe durmir ou teñan pesadelos. As mensaxes tranquilizadores e confiantes serán as nosas aliadas para levar aos cotivos desas emocións de desiquilibrio de novo á calma e a estabilidade emocional.
Recomendacións para a cuarentena
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) ven de publicar o caderno con consellos para pasar da mellor maneira esta cuarentena, o caderno chámase “Retrincos de cores”. Segundo o COPG durante esta cuarentena temos que ter en conta as seguintes recomendacións:
A cuarentena sería un bo momento para falar, xogar e compartir tempo cos máis pequen@s da casas.
Debemos falarlle do virus para saber como se senten.
Comprería programar o seu día a día, alientando a que eles e elas participen na súa organización pero sempre tendo en conta que hai que deixar tempo para que se aburran.
Habería tamén que conservar os seus hábitos de alimentación, lecer e sono saudables.
Segue sendo un bo momento para coñecer e asumir os límites necesarios para o seu crecemento e para a súa convivencia como os vencellados, por exemplo, ao tempo de uso de dispositivos electrónicos.
Outra boa idea é facelos partícipes e responsables da convivencia familiar mediante tarefas domésticas vencellados con eles, como ordear o seu cuarto ou poñer a mesa.
Por outra banda as recomendacións din que é importante que vexan en vós unha boa actitude ante o medo, a ansiedade, a tristura ou o enfado para axudarlles a pasalo máis doadamente.
Teñen que aprender desde pequenos e pequenas a xestionar as súas emocións. O exemplo da vosa actitude ante o medo, a ansiedade, a tristura ou o enfado resultará fundamental para que poidan logralo. A vosa resposta ante os obstáculos e as dificultades será o seu modelo.
Axudádeos a descubrir palabras como empatía, solidariedade, respecto ou tolerancia. Coñecer o seu significado contribuirá a que comprendan como se senten os demais.
Tamén podedes fomentar a súa curiosidade e reflexión, axudándoos a parar, observar e pensar.
De feito desde o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia promoviu, dentro da campaña #quedanacasa, mensaxes de apoio e ánimo de psicólogos de emerxencias para facernos ver a importancia de que toda a familia debe buscar esa saúde exterior pero también interior e mental durante esta cuarentena:
O que queda claro é que para que so demáis estén ben de saúde o coidado comeza cun mesmo. A Xunta de Galicia tamén realiza, por tanto, unha serie de recomendacións xenéricas para os adultos entre as que se atopan:
Recursos psicolóxicos máis útiles
Además de pautas e recomendación psicolóxicas atoparedes información útil para a nosa saúde mental e a dos máis pequenos e pequenas nas seguintes fontes:
- Afrontamento psíquicosaludable ante a alerta sanitaria do coronavirus do CANALUNED (audios breves): https://canal.uned.es/series/5e6f3c595578f2042f0956c7
- Consellos básicos do Ministerio de Sanidade sobre o coronavirus:
- A atención telefónica informativa do COPG estará dispoñible de 10:00 a 14:00h de luns a venres, así como a atención a través do correo electrónico. O teléfono é o 981 534 049 e o correo electrónico é copgalicia@copgalicia.gal.
- Número de atención telefónica orientado a todas aquelas persoas que viven soas e non teñen con quen falar durante a cuarentena, facilitado polo Concello da Coruña, de luns a domingo en horario de 10 a 21 h: 900-920-500.
- O caderno “Retrincos de cores”, un material útil para abordar esta emerxencia sanitaria con nenos e nenas a través do debuxo realizado por o GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias): https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/xerais/retrincos_de_cores_0.pdf
- Conto Rosa conta el coronavirus. Publicado polo Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid: https://issuu.com/colegiooficialpsicologosmadrid/docs/cuento_rosa_contra_el_virus_alta
- Consellos para pais e nais ante o coronavirus da asociación ANAR (Ayuda a niños y adolescentes en riesgo): https://www.anar.org/consejos-para-padres-y-madres-ante-el-coronavirus/
- Coronavirus: Cómo enfrentarse a un semi-encerro na casa cos nenos de EFESalud: https://www.efesalud.com/coronavirus-ninos-casa/
- Dez consellos psicolóxicos para coidarnos na emerxencia sanitaria polo coronavirus: https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/xerais/10_consellos_psicoloxicos_para_coidarnos_na_emerxencia_sanitaria_polo_covid19.pdf
- Pautas para reducir o impacto psicolóxico do confinamento do COPG: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/200/Pautas%20de%20afrontamento%20para%20reducir%20o%20impacto%20psicoloxico.pdf
Recursos Galiciale
Tamén desde a nosa plataforma de ibros electrónicos de GaliciaLe, temos unha serie de lecturas moi útiles que serán aptas para todas as idades que serían moi útiles nos complexos momentos que estamos a pasar:
ALFAYA, AN. ¡Sireno, Sireno! [Vigo]: Xerais 2014.
ANEIROS, Rosa. Ás de bolboretas. [Vigo]: Xerais, 2015.
ANEIROS, Rosa. Xelís, o guiero das botellas do mar. Xerais, 2019.
CARIDE, Endogamia 2.0. Vigo: Xerais, 2013.
FORTES, Antón. Fume. Pontevedra: OQO, 2017.
A GRAMOLA GOMINOLA. Cancións para desafinar. Galaxia, 2019. (Sonárbore, 23).
A incrible Fifi. [S.L.] : OQO filmes, 2012.
MAMÁ CABRA. Eu cociño, ti cociñas.[S.L.]: Galaxia, 2019. (Sonárbore, 27).
MEJUTO, Eva. Maruxa. Pontevedra: OQO, 2014. (Colección O).
MEJUTO, Eva. Os tres desexos. Pontevedra OQO, 2017. (Colección O).
MÉNDEZ, Raquel. Os tres porquiños. Pontevedra: OQO, 2014. (Colección O).
RIVADAVIA, Bernardino. Marizul que soña, que soña, que soña. Pontevedra: OQO, 2017. (Colección O).
Deixar unha resposta