Xa no outono, e, inda que Beba tiña moitas ganas de comezar, imos ter que agardar uns meses para vernos de novo. A situación xerada polo Covid-19 obríganos a retrasar o comezo desta actividade por seguridade para tod@s. Agardamos que coas nosas precaucións e sentido común vaiamos poñendo freo a esta pandemia e, de novo,... Seguir lendo →
Viaxar en familia, unha fermosa experiencia
Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →
Xogando coa Natureza
Despois destes meses complicados, este verán e coa nova normalidade, temos a oportunidade de gozar da natureza co noso bebé resultando unha experiencia vital para eles. A natureza coas súas diferentes cores, sons, cheiros e texturas proporciónalles cantidade de estímulos para as súas neuronas, para as súas emocións e para a súa aprendizaxe. Como sostiña... Seguir lendo →
Despedimos a temporada dos Bbencontros en moi boa compañía
Como todos os anos, rematamos o programa de Bebencontros cunha actividade especial para tod@s vós. Nesta ocasión, convidamos o pasado sábado 20 de xuño a Raquel Penín coa participación de Tamara Chubarovsky a falarnos de “Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento”. Tamara Chubarovsky define as Rimas con movemento® como simples e efectivas, como... Seguir lendo →
A palabra, un agarimo para o bebé
Hoxe é a gran festa da Lingua Galega e desde as Bibliotecas Municipais unímonos a esta celebración cunha campaña que se está a celebrar desde o día 11 empregando o cancelo #DesconfinarALingua. E que mellor maneira de desconfinar a lingua que a través da melodía suave e doce da poesía, transmisora das palabras primeiras. Os... Seguir lendo →
As mans cóntannos
O pasado 23 de abril, Día do Libro, e ata o 30 deste mesmo mes as Bibliotecas Muncipais da Coruña lanzamos a campaña #MollámonosPoloLibro, baixo este lema as bibliotecas fixemos unha aposta por dar visibilidade e reivindicar o traballo de todos os axentes do sector do libro: libreirxs, escritorxs, editorxs, ilustradorxs, narradorxs, bibliotecarixs e lectorxs. A... Seguir lendo →
Como maridar confinamento con bebés e teletraballo
O tempo de confinamento na casa por causa da pandemia do coronavirus alongarase, como mínimo, quince días máis. Se mesturamos un pouco de humor, organización de rutinas e moita dose de paciencia, todo sairá ben! Manter a calma para favorecer un ambiente o máis tranquilo posible no seo familiar é fundamental, do mesmo xeito que... Seguir lendo →
A un mal virus un bo conto
Estes días estamos a vivir un pesadelo real que pensabamos que sò podìa ocorrer nun conto de ciencia ficciòn. Os máis pequenos teñen en casa o que máis precisan para o seu desenvolvemento, aos seus pais, pero son capaces de percibir os cambios que se están producindo nas súas familias polo confinamento. Por iso é fundamental que no... Seguir lendo →
Linguaxe e bebé
A linguaxe é definida como un sistema de símbolos aprendidos que conteñen un significado social e lle dan a habilidade a unha persoa de clasificar as súas experiencias. O proceso de adquisición da linguaxe establécese desde o nacemento. Nas primeiras semanas os bebés xa poden diferenciar os contrastes entre fonemas como /pa/ e /ba/.... Seguir lendo →
Mellor sen pantallas
Imaxes coma esta son habituais nos nosos fogares, bebés de menos de dous anos que pasan o tempo diante dunha pantalla antes que brincar cos seus xoguetes. Pediatras, psicólogos, organizacións sanitarias… advirten do perigo que supón para as nosas e os nosos bebés usar as pantallas: “Para los niños menores de 18 meses,... Seguir lendo →
Bebencontros para este curso 19/20
Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2019-2020 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros.... Seguir lendo →
O Recuncho de Beba
Hoxe 23 de abril é o día do libro e desde a Bebeteca do Fórum presentámosvos “O recuncho de Beba” un espazo para aprender, compartir, explorar, descubrir e gozar coa Literatura Infantil, da man da nosa Beba. "Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro." - Emily Dickinson. Os contos son un recurso... Seguir lendo →