Reparto de entradas para os bebencontros do 14 de marzo

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 0 a 12 meses Sábado 14 de marzo, ás 18.00 horas, na Biblioteca Infantil e Xuvenil (10 prazas) ENTRADAS AGOTADAS Sábado 14 de marzo, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (20 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade) ENTRADAS AGOTADAS Para bebés de 13 a 24 meses Sábado14 de marzo, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal... Seguir lendo →

Reparto de entradas para o bebencontro do 28 de febreiro na Biblioteca Infantil

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 13 a 24 meses Sábado 28 de febreiro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando... Seguir lendo →

O Entroido chegou á Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 14 de febreiro: 0-12 meses

O sábado pasado puidemos gozar dunha nova sesión dos Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil xunto con Valeria González, Daniel, Jacobo, Lucas, Valeria Lema, Bárbara, Miguel e Claudia. Aproveitando as datas, desta volta invitamos ó Señor Coc a que nos presentase as súas propostas para o Entroido, coloridas, moi coloridas, e descubrimos cos textos e as... Seguir lendo →

Reparto de entradas para o bebencontro do 14 de febreiro na Biblioteca Infantil

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 0 a 12 meses Sábado 14 de febreiro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando... Seguir lendo →

Unha de animais na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 31 de xaneiro, 13-24 meses

  Vaia animaladas no Bebencontro da Infantil! Trala nosa canción de presentación e coñecemento das partes do corpo, gozamos da narración dun clásico da editorial Kalandraka: A que sabe a Lúa? cunha morea de animais axudándose e cooperando para lograr un obxectivo común: conseguir unha dentada da Lúa!!! Será doce ou salgada? mmm... que delicia! Todos queriamos... Seguir lendo →

Reparto de entradas para o bebencontro do 31 de Xaneiro na Biblioteca Infantil

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 13 a 24 meses Sábado 31 de xaneiro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues,... Seguir lendo →

A cantar na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro 17 de xaneiro, de 0-12 meses

Se chove, que chova! como di o anuncio,  xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos. Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos,  estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses... Seguir lendo →

Reparto de entradas para o bebencontro do 17 de Xaneiro na Biblioteca Infantil

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 0 a 12 meses Sábado 17 de xaneiro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando... Seguir lendo →

Espantamos a friaxe cun pouco de movemento!

Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos. Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito. Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas! O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo,... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os bebencontros do 22 de novembro

Os bebencontros desta semana son Para bebés de entre 0 e 12 meses  Sábado 22 de novembro, ás 11.30 horas na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Sábado 22 de novembro, ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas)   Para bebés de 13 a 24 meses  Sábado 22 de novembro, ás 18 horas  na Biblioteca Municipal Ágora (10... Seguir lendo →

Que é o que esconde o pequeno Edu? Bebencontro de 13 a 24 meses

Un sábado máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil, xuntámonos para participar na sesión na que o Pequeno Edu nos ía aprender unha das partes do corpo, a cabeza! Para elo contamos coa presenza de Martina, Antón Regueira, Antón Prieto, Pablo, Nico, Mael, Jana, Iria, Belen e Daniel e as súas mamás e papás. Edu amosounos o... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os bebencontros do 8 de novembro

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 0 a 12 meses Sábado 8 de novembro, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade) Sábado 8 de novembro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (6 prazas) Para bebés de 13 a 24 meses Sábado 8 de novembro, ás 11 horas, na Biblioteca... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑