Bebescolas de Barrio Respirar o entorno, coñecelo, que nos coñezan, darlle forma a vínculos que darán froitos futuros e presentes. Esta semana visitamos a Escola Infantil do Ventorrillo, a máis numerosa e diversa da nosa zona de influencia, e ata alí trasladamos un recunchiño da Bebeteca Ágora, coa finalidade de achegarnos a tod@s aqueles... Seguir lendo →
A Bebeteca Ágora vive unha catarse inaugural
Este pasado sábado déuselle o pistoletazo de saída á Bebeteca Ágora e ao seu programa de bebencontros coa presentación do espectáculo Pacama, da compañía de teatro Katarsis. Foron case cincuenta familias cos seus respectivos bebés, as que puideron desfrutar dunha obra consolidada no noso país e que viaxará en breve aos EEUU. Foi importante contar... Seguir lendo →
Xa somos 4 bebetecas!
Xa vedes que nas Bibliotecas Municipais empezamos a quencer motores para darlle forma a toda a actividade relacionada coas Bebetecas que temos preparada para este curso. O luns publicamos info dos Nanocontos na Biblioteca Fórum e o xoves de Todo un mundo de emocións na Infantil e Xuvenil. Hoxe queremos adiantarvos que na Biblioteca de Ágora e... Seguir lendo →