Bebescolas de Barrio
Respirar o entorno, coñecelo, que nos coñezan, darlle forma a vínculos que darán froitos futuros e presentes.
Esta semana visitamos a Escola Infantil do Ventorrillo, a máis numerosa e diversa da nosa zona de influencia, e ata alí trasladamos un recunchiño da Bebeteca Ágora, coa finalidade de achegarnos a tod@s aqueles que non sempre poden vir vernos. E como nos gusta a nós descubrilos tamén…
Como facer biblioteca é tamén convertir aos contos en camiñantes que trascenden as paredes do día a día, nesta ocasión viaxamos con crocodilos que preparaban pucheiros únicos, lúas brincadeiras que adormecían coa música de Mercedes Sosa e mesmo bogamos coma unha dorna no mar.
Neste vieiro, contámoslle a cincuenta pequenos, e desfrutamos entre tod@s, pero o máis importante é que, para a Biblioteca Ágora, as nosas Escolas Infantís CONTAN…
Deixámosvos unha mostra de todo o que compartimos, esperando que o desfrutedes tanto coma nós.