Que os máis pequenos da casa necesitan uns límites claros é algo que todos temos presente, mais á hora de aplicar o conto moitos facemos augas e acabamos caendo nun abismo que, á larga, nos complica o labor de educar os menores.
Eu non son ningún experto nin teño fillos, mais doume licencias e practico determinados trucos cos meus tres sobriños que, estou seguro, acabaranme convertindo nun pai modélico 😛
Nas Municipais somos coñecedores desta latente preocupación nos nosos usuarios e usuarias e poñemos á vosa disposición os materiais da sección que denominamos SOS Somos Pais, que reúne materiais coma estes:

Aguilar, 2012

Aguilar, 2011
Poño estes dous exemplos porque o próximo venres 13 e sábado 14 de setembro, no Centro comercial Espacio Coruña, van ter lugar dúas charlas da televisiva psicóloga infantil Rocío Ramos-Paúl, alias Supernanny:
- o venres a charla titúlase coma o seu último libro Niños desobedientes, padres desesperados, na que nos explicará como aplicar normas e establecer rutinas
- o sábado falaranos de Cómo prepararnos para la vuelta al cole e abordaranse rutinas específicas da época escolar que axudarán a optimizar o rendemento académico dos chavales.
As dúas charlas terán lugar a partir das 19 horas, con acceso gratuíto e prazas limitadas ata completar o aforo.
Podes consultar o noso catálogo e ler algún dos seus libros para levar a lección aprendida 😀
Deixar unha resposta