O mércores 25 de setembro na Biblioteca Municipal de Monte Alto os mais pequenos da familia teñen unha cita “Entre arrolos e contiños” un contacontos en colaboración co Teatro Migallas onde espertaremos neles, xa nos seus primeiros anos, un interese polos libros e as historias de tradición oral.
Se o teu bebé ten ata 3 anos apúntate xa na biblioteca de Monte Alto ou ben chamando por teléfono o 981 184 382. E tomade nota:
Qué: contacontos para bebes de 0 a 3 anos
Cando: mércores 25 de setembro 2013 ás 18.30 h)
Onde: Biblioteca Municipal de Monte Alto (Plaza de los Abuelos s/n)
Deixar unha resposta