O próximo domingo 15 de setembro dará comezo no Centro Ágora da Coruña BEBEscena, un programa de espectáculos dirixidos a bebés de entre 12 e 36 meses, obradoiros e conferencias familiares.
Comeza ás 12.30h con BABS, obra de Baobab Teatro de quen vos deixamos o tráiler de Fíos
E haberá BEBEscena catro domingos máis: 22 e 29 de setembro, 20 de outubro e 3 de novembro con varias sesións cada día. Para non perdervos con tanta info consultade o folleto informativo do programa completo
E de paso que visitades as instalacións do Centro Ágora aproveitade para achegarvos á Biblioteca Ágora e en especial á súa Bebeteca. Os nosos compañeiros “agoreiros” están traballando arreo para comezar coa programación para bebés no mes de outubro.

Iremos informando…