Na Biblioteca Municipal Ágora imos facer un OBRADOIRO DE LECTURA EXPRESIVA dirixido a nais e pais con nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.
Neste obradoiro queremos trasladar ás familias a esencia do programa Merendas con contos, poñendo en valor a aprendizaxe da lectura expresiva en tódalas súas formas. Aprenderemos a contar un conto e adquiriremos recursos expresivos que nais e pais poderán aplicar no seu día a día.
A sesión terá lugar o luns 14 de outubro, ás 18.30 horas, na sala infantil da Biblioteca Municipal Ágora. A retirada de entradas para o obradoiro é de forma presencial na biblioteca, contamos cun total de 50 invitacións que se repartirán ata completar aforo.
Para facilitar a asistencia a nais e pais, desenvolverase unha actividade paralela de animación cultural para todas aquelas familias que precisen vir con seus fillos/as.
Así que,
Deixar unha resposta