Este Nadal, parada obrigada as bibliotecas

Ven pasar este Nadal ás bibliotecas! A rede de Bibliotecas Municipais ten preparada unha chea de actividades para estas festas, toma nota e elixe a túa: martes 17 de decembro, CantoConto na Biblioteca Sagrada Familia, para público de 2 e 3 anos; xoves 19 de decembro, CantoConto na Biblioteca Castrillón, para público de 2 e 3 anos; venres... Seguir lendo →

CantoConto!: comezamos novo curso.

Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións. Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción "Imos contar un conto". A continuación démoslles a todas as familias unha... Seguir lendo →

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Seguir lendo →

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés

Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos. Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o... Seguir lendo →

Unha de animais na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 31 de xaneiro, 13-24 meses

  Vaia animaladas no Bebencontro da Infantil! Trala nosa canción de presentación e coñecemento das partes do corpo, gozamos da narración dun clásico da editorial Kalandraka: A que sabe a Lúa? cunha morea de animais axudándose e cooperando para lograr un obxectivo común: conseguir unha dentada da Lúa!!! Será doce ou salgada? mmm... que delicia! Todos queriamos... Seguir lendo →

Somos amarelos na Biblio do Forum (13-24 meses)

O pasado sábado, unha vez máis, desfutamos dos Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano. Contamos coa presenza de Andrés, Gael, Iago, Lois, Miguel, Noa e as súas familias, aos que agradecemos a súa implicación e motivación nesta sesión. Tanto na sesión do sábado como neste post, queremos resaltar a importancia do oído e da súa... Seguir lendo →

Visita de Pavís Pavós á biblioteca de Monte Alto: “Palma Repalma, contos para bebés”.

Hai uns días, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, os que con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións. A pesar de que aquela tarde foi chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles... Seguir lendo →

Colorín, colorado

Un sábado máis e para finalizar un ano de Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano, contamos coa presenza de Carla, Inés, Sofía, Vera e Víctor xunto aos seus pais. Queremos agradecerlles que compartiran con nós unha tarde chea de música, poemas, contos e moitas cores, como as do arco da vella. Comezamos a sesión compartindo... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: