Por fin, tras meses de preparación e unha primeira e especial sesión de inauguración a cargo da xente de Katarsis, o noso propio espazo de bebeteca empezou a coller vida este pasado sábado, 26 de Outubro.
En dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde, un total de 20 familias achegáronse a disfrutar con nós, coa Casa do Señor Coc e co resto de sorpresas que lles tiñamos preparadas para asegurarnos que lles ía apetecer volver compartir tempo con nós. A pesar da calor que pola tarde nos fixo estar un pouco sofocadxs, todxs levamos unha moi boa lembranza da nosa posta en marcha da Bebeteca grazas á participación dxs maiores cantando, á atención dxs bebés, e á atmósfera que arredor do conto creamos entre todxs comoa se fora un ritual ancestral de fantasía.
Se queredes ver algún exemplo do ambiente creado nas sesións, podedes consultar o Flickr das Bibliotecas Municipales e si queredes acudir ao noso próximo Bebencontro, lembrade que será o 23 de Novembro así que estade atentxs á preinscrición seguindo este blog. E mentras, lembrade que tedes Bebelotes para o préstamo á vosa disposición e tamén toda a lista de Recursos Musicais Bbencontro .
Deixar unha resposta