Non lle dou máis voltas: o mellor regalo nestas festas para os nenos é unha tablet!
Despois de rastrear por Internet para coñecer distintas opcións cheguei á conclusión de que a mellor recomendación está na web de Xataka, que nos propón 4 modelos distintos adaptados para o público infantil: en contidos, en configuración, en deseño, etc
Cada día é máis habitual ver imaxes coma estas, nas que os nenos interactúan coa tecnoloxía cunha facilidade e destreza innatas: identificando iconos, abrindo e cerrando as apps favoritas, reproducindo vídeos en youtube…
Son os nativos dixitais, eses seres que naceron e se criaron entre a tecnoloxía dixital e que se definen polo que os diferencia dos inmigrantes dixitais: non entender este vídeo
Se vos decidides por mercar algún dispositivo non deixedes de visitar a nosa selección de xogos educativos para nenos e nenas, e estade tamén pendentes do noso facebook e páxina web porque de cando en vez organizamos obradoiros de Internet segura para menores, coma o pasado 11 de decembro na Biblioteca do Fórum.

Tamén vos interesarán os consellos que nos dá o noso compañeiro Jorge no blog Menores en rede, e todos os materiais que temos nas Bibliotecas sobre esta temática: Tranki pap@: cómo evitar que tus hijos corran riesgos en Internet, Videojuegos, internet y televisión : cómo evitar sus efectos en nuestros hijos, Protege a tus hijos de los riesgos de Internet y otras tecnologías e un largo etcétera que podes consultar no noso catálogo
Deixar unha resposta