A oferta de actividades dirixidas a bebés vai en aumento na Coruña. Aos xa míticos bebencontros organizados nas bibliotecas para bebés de 0 a 24 meses, súmase de novo este ano a serie de espectáculos Bebescena, dirixido a bebés de 1 a 3 anos.
Os espectáculos deron comezo o pasado 21 de setembro e terán lugar algúns domingos dos meses de outubro, novembro e decembro*. Todas as datas, prezos e lugares de venda de entradas están recollidas no folleto informativo.
*[ACTUALIZACIÓN DO DÍA 02/10/2014]

O que escribe recibe un whatsapp madrugador no que o advirten de 2 despistes. Desgranemos:
- despiste do que escribe: os espectáculos de BEBEscena prolónganse, según se reflicte no folleto, ata o mes de marzo. Hai 3 citas máis a partir de decembro: os domingos 25 de xaneiro, 08 de febreiro e 08 de marzo.
- despiste do folleto: na actualidade as Bibliotecas Municipais da Coruña non teñen 3 bebetecas, senón 4. A maiores da bebeteca da Biblioteca Ágora, Os Rosales e Fórum Metropolitano sumouse xa o ano pasado a da Biblioteca Infantil e Xuvenil, na rúa Durán Loriga. Se aínda non a coñeces o 25 de outubro terá o seu primeiro bebencontro desta tempada.

[FIN DA ACTUALIZACIÓN ;)]
A maiores do teatro, organízase tamén un obradoiro gratuíto ben interesante sobre alimentación: Aprender a comer xogando.
Igual que fixemos no post que escribimos o ano pasado, recomendámosvos que aproveitedes a visita ao Centro Ágora para achegarvos á bebeteca da Biblioteca Ágora. Veredes un espazo acolledor e especialmente deseñado para os máis pequenos, con materiais adaptados para estas idades. Nesta biblio comezarán cos bebencontros o próximo 25 de outubro.
Esperámosvos!
Deixar unha resposta