Que é o que esconde o pequeno Edu? Bebencontro de 13 a 24 meses


Un sábado máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil, xuntámonos para participar na sesión na que o Pequeno Edu nos ía aprender unha das partes do corpo, a cabeza!

Para elo contamos coa presenza de Martina, Antón Regueira, Antón Prieto, Pablo, Nico, Mael, Jana, Iria, Belen e Daniel e as súas mamás e papás.

Edu amosounos o seu libro ¿Qué esconde el pequeño Edu?  con el aprendimos e recordamos cancións e retaílas relacionadas coas partes da cabeza; os ollos, as orellas, a boca, o nariz…

Cantamos, bailamos, bicamos, xogamos e aplaudimos moito e nos despedimos coa canción de Aburiño de Golfiños. Sen dúbida, pasamos unha boa tarde.

Xa sabedes que vos invitamos a entrar na nosa web para saber todo o que ocorre nas Bibliotecas Municipais e, tamén, consultar o noso catálogo.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑