Boas Festas!

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña desexámosvos unhas moi Boas Festas! Agardamos vervos o máis axiña posible para o vindeiro ano que entra, e que veña cargadiño de libros e Bbencontros! (ademais de saúde e amor!) https://videopress.com/v/MhVTvBqn?resizeToParent=true&cover=true&preloadContent=metadata Querémosvos recomendar unha serie de lecturas para as e os máis peques da casa, recomendacións que podedes levar... Seguir lendo →

Tempo de rutinas

Co fin do verán volven as rutinas para todas e todos e, aínda que nos pareza aburrido, para as e os bebés as rutinas resultan moi beneficiosas xa que con elas desenvolvemos ambientes tranquilos que lles fan sentirse seguros. As e os bebés gozan de todo aquilo que sexa repetitivo, pídennos unha e outra vez... Seguir lendo →

Beba celebra o Día da Biblioteca

O pasado sábado 24 de outubro foi o Día da biblioteca, e xa que non puidemos realizar o Bebencontro, Beba quixo celebrar virtualmente con vós ese día tan sinalado. Gravámosvos un poema de Antonio García Teijeiro da súa obra Lueiro de papel, agardamos que vos guste, familias! https://www.youtube.com/watch?v=Rs5zPr6Op7s “Una biblioteca es como una segunda casa... Seguir lendo →

Viaxar en familia, unha fermosa experiencia

Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →

“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…

As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia. Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos... Seguir lendo →

Linguaxe e bebé

  A linguaxe é definida como un sistema de símbolos aprendidos que conteñen un significado social e lle dan a habilidade a unha persoa de clasificar as súas experiencias. O proceso de adquisición da linguaxe establécese desde o nacemento. Nas primeiras semanas os bebés xa poden diferenciar os contrastes entre fonemas como /pa/ e /ba/.... Seguir lendo →

Mellor sen pantallas

Imaxes coma esta son habituais nos nosos fogares, bebés de menos de dous anos que pasan o tempo diante dunha pantalla antes que brincar cos seus xoguetes.   Pediatras, psicólogos, organizacións sanitarias… advirten do perigo que supón para as nosas e os nosos bebés usar as pantallas:   A Academia Americana de Pediatría (AAP) advertía as nais... Seguir lendo →

A música ocupa un lugar destacado nas bibliotecas

Hai uns días convidabámosvos, a grandes e a pequenos, á Biblioteca Os Rosales a gozar da experiencia da boa música en directo. No momento que Silvia Penide e Carla López entraron pola porta, a maxia chegou. As emocións foron xurdindo, a música, as palabras, as voces, as miradas, os sorrisos… Desde o principio da actuación... Seguir lendo →

Silvia Penide e Carla López. Bbencontro Os Rosales 26 de maio.

As familias participantes con nenos e meniñas ata os 3 anos gozarán a música ó vivo dá man cantante Silvia Penide e a musicoterapeuta Carla López. Vivir os primeiros concertos cos teus fillos, sobriños ou netos é sempre divertido, á vez que grandes e pequenos gozarán por igual da experiencia da boa música en directo.... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: