Apetécevos xogar nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións? Ou voar con dous paxariños pequeniños que chían para descubrir o mundo a través das cancións? Imaxinádesvos viaxando nun sofá-tren ou nunha alfombra-espello?
Non hai moito que compartimos neste blog a apertura do programa BEBESCENA: unha achega “miúda” ás Artes Escénicas que se está a celebrar no Centro Ágora. Hoxe, e xa en pleno outubro, queremos mencionar algún dos espectáculos programados para este outono: Cuál es mi nombre? de Da.Te danza (Granada) e Chíos da Compañía Teatro da Semente (A Coruña). Ambas producións, baseadas na poesía sensorial e na linguaxe non verbal, mesturan xogo, movemento, luz e música.
A EXPRESIÓN CORPORAL COMO LINGUAXE DE COMUNICACIÓN
Desenvolver as habilidades comunicativas nas diferentes linguaxes e formas de expresión é un dos obxectivos contemplados na etapa da Educación Infantil. O traballo da Expresión Corporal permite que os nenos e nenas poidan exteriorizar o seu mundo interno, expresando emocións, sentimentos, pensamentos e mellorando a convivencia e interacción social.
A continuación, compartimos un proxecto que se está levando a cabo nas escolas públicas de NY (US) e que ten como base a Danza e Expresión Corporal:
Para rematar, animámosvos a desfrutar destas dúas obras que, tendo como fío condutor a linguaxe non verbal, espertarán a imaxinación dos vosos pequenos e pequenas!
Deixar unha resposta