LEAMOS O BAILADO

"A danza comparte coa poesía, entón, a súa materia rítmica e sobre todo os efectos emocionais do ritmo sobre o corpo: pero, como unha síncope, unha coma, unha aposición, unha estrutura sintáctica determinada, poderían emocionarme? A emoción -dille a danza á literatura- é unha sintaxe corporal, un corpo articulado no tempo e nas tres dimensións do espazo" Paul... Seguir lendo →

Nin máis nin menos que 10

“Recorda que hoxe viñemos ás escolas para festexar o teu aniversario, o aniversario dos teus contos e das túas historias... – di a bibliotecaria. E tamén do xogo, da imaxinación, da arte, das cores, da música… da maxia das palabras! – responde Beba” Así comezamos unha nova itinerancia coa felicidade de cumprir anos. Nin máis... Seguir lendo →

O voo da lectura

Nas bibliotecas gústanos colaborar cos centros educativos! O programa BbEscolas leva desenvolvéndose desde o ano 2014 na Biblioteca Municipal Ágora. Son moitas as historias que quedaron polo camiño durante a súa andaina, achegando ás Escolas Infantís a biblioteca como un espazo de encontro e descuberta para as crianzas máis pequenas. Nos nosos itinerarios recompílanse viaxes de ida e... Seguir lendo →

100 %

Gústanos, defendemos, gozamos, experimentamos e compartimos a LECTURA porque LER FAI QUE… pensemos, riamos, desexemos compartir, nos sorprendamos, miremos máis aló, exploremos novos mundos, soñemos, nos emocionemos e sexamos 100 % felices! E para contribuír, aquí estamos nós: espazos cheos de contos e fantasía, de libros e realidade. Para soñar, para afastarnos da realidade e... Seguir lendo →

AO PASO DOS VERSOS

Hoxe día 29 de Abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Establecido pola Unesco hai máis de trinta anos co obxectivo de atraer a atención sobre esta arte, son moitas as institucións, axentes sociais, organismos e particulares que adican parte do seu tempo ou da súa programación á difusión deste medio de expresión. As Bibliotecas... Seguir lendo →

Mans arriba… crab revolution!

Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?...  Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Seguir lendo →

Unha Dola Tela Catola!

Sen teléfonos móbiles e con volta á infancia, camiñamos nunha mesma liña chea de palabras, xogos e moita rima! Non é a primeira vez que facemos referencia ao traballo desenvolto coas Escolas Infantís da contorna (BbEscolas), mais si é a primeira que falamos dun traballo específico-mediador dirixido ao estudantado superior dos CIFP da nosa área... Seguir lendo →

Contos que camiñan…

Entendemos o viaxar como unha forma de vida, como reconforte persoal que aporta novos traxectos cheos de coñecementos e experiencias, como fonte de desfrute e diversión que permite construir historias e fixar recordos inesquecibles. Acotío e dende as nosas bibliotecas tamén viaxamos, mais o facemos dun xeito diferente: a través dos libros. Eses contos infantís... Seguir lendo →

Live · Love · Green

"O segredo é não correr atrás das borboletas... É cuidar do jardim para que elas venham até você” Mário Quintana E co desexo de que esas bolboretas cheguen até ao noso xardín plantexamos: MUNDO VIVO... PASAPORTE Á NATUREZA! Mundo vivo é unha escolma de contos infantís que ten por obxectivo espertar o interese pola natureza... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑