Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e tamén a dos nenos, que falaron das súas experiencias cos médicos, conseguimos solucionalo.
O primeiro que fixemos foi cantar a canción do noso querido Pablo Díaz: Imos contar un conto. Unha canción alegre que nos convida a escoitar con moita atención os contos que imos contar. Os elixidos nesta ocasión para tranquilizar á nosa compañeira foron “Hola, doctor“, de Michael Escoffier; unha divertida historia para perderlle o medo ó médico. “Emilio está enfermo”, de Rómeo P (pseudónimo de Emile Jadoul), onde dous amigos falan sobre os estraños síntomas que un deles comeza a experimentar. E por último poidemos gozar con “Ser quinto”, de Ernest Jandl. Aquí vos deixamos o enlace para que o poidades volver a ver:
Antes de marchar, cantamos e rimos coa canción de Rosa León “A mi burro“, un clásico ben coñecido e que as bibliotecarias souberon engalanar para que os nenos cantasen e risen.
Se non puideches vir a sesión e levar algunha das nosas recomendacións, deixámosvos aquí algúns títulos para que os leades en familia:
- “Solamente un poco de gripe“, de Armelle Modèrè.
- “Dita y Dito van al médico“, de Mónica Gutiérrez Serna.
- “Dame a man“, de Seve Calleja e debuxos de Santy Gutiérrez.
- “Con el médico” de Helen Oxenbury.
- “El constipado del sol“, de Esperanza Medina e Elena Fernández.
E botádelle un ollo tamén ás fotos que sacamos nas distintas sesións, seguro que vos gustan. Ata a próxima!
Deixar unha resposta