“Azul é teatro, azul é música, azul é maxia, azul é imaxinación, azul é movemento, azul é linguaxe… Voilá! AZUL é outra forma de estimulación temperá creativa, motivadora e diferente”
Así é como define Teloncillo, compañía teatral encargada de clausurar o programa BEBESCENA deste 2015, a obra que se representará o próximo domingo 13 de decembro no auditorio do Centro Ágora.

Considerando as habilidades cognitivas e psicomotrices dos bebés, Ana Gallego e Ángel Sánchez, integrantes da premiada compañía, adaptaron esceas, poemas, cancións e inventaron xogos coa fin de crear unha representación músico-teatral pensada por e para os nenos e nenas de 1 a 3 anos.
A presenza da maxia, das sorpresas e do ritmo en directo amosarán aos pequenos/as novas formas de aprendizaxe, convertendo o espectáculo nunha experiencia multisensorial única e enriquecedora.
Que vos parece se pintamos o noso mundo de cor AZUL?
Convidámosvos a desfrutar da obra e despedir esta achega “miúda” ás Artes Escénicas (mais só ata o 2016)! BO NADAL!
Deixar unha resposta