Qué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella… Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos!
Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con “Imos contar un conto“, unha exitosa canción que pequenos e maiores cantamos e bailamos a vez.
Para falar do cariño entre os amigos, tiñamos preparado un sinxelo conto de Émile Jadoul, “Con locura“, onde un gato e un peixiño demóstrannos que a verdadeira amizade pódese dar entre dous seres moi diferentes.
Continuamos con outro conto, tamén de Émile Jadoul (por quen temos verdadeira debilidade!): “Mimo exprés“. Foi unha historia moi celebrada polo público, porque ao divertido texto engadímoslle a teatralización das bibliotecarias, quen fixo rir a nenos e adultos. Todos nos identificamos coa historia dunha pequena familia onde as presas e as rutinas de cada día fannos descoidar a quen máis queremos. Pero, desde hoxe, prometemos dar mimos e bicos moitas veces ao día!
E o último conto da tarde foi “Caracol e caracola“, de Armando Quintero e André Letria. O libro pertence a unha fermosa colección, Caracois, que podedes levar en préstamo nas nosas bibliotecas. Para a narración tivemos a sorte de contar cos dous protagonistas da historia, dous caracois que se namoraron porque souberon apreciar a verdadeira beleza.
E, como colofón, cantamos con María Fumaça, un proxecto belísimo cheo de optimismo e felicidade:
Deixámosvos algunhas recomendacións de lecturas para casa:
- “¿Qué es el amor?” / Davide Calí e Anna Laura Cantone.
- “El gato de Matilda” / Emily Gravett.
- “Adivina cuánto te quiero” / Sam McBratney e Anita Jeram.
- “Porque te quiero” / Pascal Teulade e Jean-Charles Sarrazin.
- “Te quiero (casi siempre)” / Anna Llenas.
- “Te quiero” / Elen Leescoat e Bénédicte Carboneill.
- “Mamá, te quiero” / Benoit Marchon e Soledad Bravi.
- “Te quiero, papi” / Jillian Harker.
- “Te quiero, carita sucia” / Lisa McCourt.
- “Todos sois mis favoritos” / Sam McBratney.
- “¡Besos como estos!” / Mary Murphy.
Non vos perdades as fotos que sacamos durante as sesións. Esperamos contar de novo con todos vos, reservade o voso convite na páxina web das bibliotecas.
Deixar unha resposta