Esta semana aproveitamos as sesións de CantoConto! para quitarnos tódolos medos que as veces trae a noite. Non é fácil pechar os ollos e quedar durmidos deseguido. As veces parece que a escuridade está chea de ruídos e sombras, pero hoxe, grazas ós contiños que nos escolleron as bibliotecarias, descubrimos que a nosa imaxinación ten moito que ver neses medos.
Nada máis chegar temos a benvida de Pablo Díaz: “Imos contar un conto“, do seu fermoso disco Tic Tac.
E, a continuación, unha gran sorpresa: uns amigos de peluche, ben coñecidos polos pequerrechos que visitan as nosas bibliotecas, estiveron connosco para contarnos a marabillosa noite estrelada que gozaron o día anterior: contáronnos que non so non tiveron medo, se non que quedaron encantados de cántas estrelas contaron no ceo, e mesmo foron quen de ver algunha estrela fugaz.
Con eles lemos o conto: “Cómo atrapar una estrella“, dun dos nosos autores favoritos: Oliver Jeffers:
E de Oliver Jeffers voamos ata Andrés Guerrero. Deste autor escollemos un fermoso libro, “A noite“, cheo de sorpresas para nenos e maiores: as cancións “El lobito bueno“, (dun poema de José Agustín Goytisolo), “Luna lunera cascabelera“, ou “Era un ratoncito chiquito“.
E, para rematar, gozamos do fermosísimo vídeo de Renee & Jeremy da canción Yellow, de Cold Play:

- El maravilloso viaje a través de la noche / Helme Heine.
- Perro y gato / Ricardo Alcántara, Gusti.
- ¡De noche se duerme! / Jeanne Ashbé.
- A miña amiga a escuridade / Ella Burfoot.
- Los monstruos tienen miedo a la luna / Marjane Satrapi.
- La ardilla miedosa por la noche / Mélanie Watt.
- En mitad de la noche / Guido van Genechten.
Deixámosvos unhas fotos do ben que o pasamos. Lembrade que, si queredes vir a acompañarnos, tedes que reservar o voso convite na páxina web das bibliotecas. Ata a próxima!