Queremos despedir os Bebencontros da Biblioteca Forum dun xeito especial, e que mellor maneira que dun xeito moi próximo, cunha sesión de masaxes. Aprenderedes da man de Carla Console (Boga Psicólogos) o fundamental sobre esta técnica ancestral e descubriredes a importancia do sentido do tacto na relación co voso bebé. Neste obradoiro atoparedes recursos e ideas para desfrutar de moitos momentos de tenrura e diversión cos vosos fillos.
Así que, as familias con bebés de 0 a 24 meses podédesvos inscribir desde a páxina web das Bibliotecas Municipais da Coruña a partires do sábado 21 de maio ás 10.00h. Non vola perdades! Agardámosvos o 28 de maio!
Deixar unha resposta